Boiro Novo propón a adhesión do concello á Rede de Cidades pola Bicicleta

26 Abril 2022

A agrupación Boiro Novo, a través da concelleira Dores Torrado, achegou unha moción para ser debatida no pleno da Corporación na que se reclama a adhesión do concello á Rede de Cidades pola Bicicleta.

Boiro Novo lembra que a Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB) ten por obxecto a xeración dunha dinámica entre as cidades españolas co fin de facilitar o uso deste vehículo e facer máis segura a circulación das persoas ciclistas, especialmente no medio urbano, realizando para todo iso todas as accións necesarias para impulsar a bicicleta como medio de transporte e intensificando as iniciativas adoptadas co mesmo obxectivo polas administracións, asociacións e demais axentes sociais.

Poden pertencer á asociación aquelas entidades públicas locais que promovan liñas de actuación que favorezan, no marco da mobilidade sustentábel, a circulación en bicicleta na súa cidade ou territorio.
Boiro Novo recorda tamén que actualmente o Concello de Boiro está a traballar en accións que favorecen este tipo de mobilidade limpa e que facilitan o uso da bicicleta como medio de transporte, medidas entre as que se atopan a reparación integral do carril bici do paseo marítimo de Barraña e a súa ampliación ata o casco urbano de Boiro (conectando instalacións deportivas e centros de ensino) ou, tamén, a elaboración dun proxecto técnico que recolla unha rede municipal de carril bici que conecte as distintas parroquias co casco urbano de Boiro.

Boiro Novo fai saber que no ámbito galego forman parte da RCxB concellos grandes como Pontevedra, Santiago de Compostela ou A Coruña, pero tamén vilas máis semellantes a Boiro como é o caso de Vilagarcía de Arousa ou a recente incorporación de Ribeira.

Á vista do exposto, o grupo proporá o seguinte no pleno da Corporación:

– Acordar a adhesión do concello de Boiro á Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB) e ao sistema de rexistro de bicicletas que puxo en funcionamento a RCxB baixo a denominación BiciRexistro.

-Dotar do crédito preciso os orzamentos municipais para cumprir coas obrigas como membro da RCxB, sendo a cota para un concello do tamaño de Boiro de 600 euros/ano, e estando exento de pagamento o primeiro ano.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión