O Concello de Boiro propón unha ordenanza fiscal para as taxas por ocupación de vía con caixeiros

26 Abril 2022

O Concello de Boiro propuxo para o seu debate no pleno unha ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamentos da vía pública con caixeiros automáticos e outros elementos análogos. Logo da súa exposición pública previa, o texto achegouse agora para a súa aprobación inicial á sesión plenaria deste xoves.

Segundo informan fontes do Consistorio, o texto que se pretende aprobar “responde aos principios de bo regulamento” e ten como obxecto específico “regular os aproveitamentos da vía pública e terreos de dominio público con caixeiros automáticos e outros elementos empregados polas entidades financeiras para prestar os seus servizos”.

O borrador da ordenanza regula tamén a contía das taxas, para as que se tiveron en conta as ordenanzas para a mesma finalidade coas que contan municipios limítrofes. Deste xeito, o prezo por caixeiro automático ao ano será de 1.584 euros ou de 132 euros mensuais.

Para gozar dos aproveitamentos especiais de vía pública as persoas interesadas deberán solicitar ao Concello de Boiro a oportuna licencia, que se entenderá prorrogada mentres non se presente a baixa xustificada da mesma. Toda solicitude de licencia deberá indicar o número de caixeiros e localización así como o xustificante de ingreso das taxas.

O texto que agora se somete a aprobación inicial entrará en vigor logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.