A rapazada da Pobra recibe formación sobre o mundo mariño

25 Abril 2022

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organiza unha serie de accións formativas sobre o mundo mariño impartidas pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e dirixida a alumnado da Educación Primaria dos centros educativos do termo municipal.

A comezos do mes de abril foi a quenda do CEP Pilar Maestú Sierra e neste día 25 tocoulle á rapazada do CEP Salustiano Rey Eiras.

Estas actividades consisten nas exposicións divulgativas Acústica mariña e Golfiños na proa, así como nunha charla informativa sobre as tartarugas e mamíferos mariños, as súas características e a concienciación ambiental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.