Raquel Ferrández conectará Rianxo coas filosofías orientais

14 Outubro 2019

20191014 O outono convida á reflexión pero tamén (e por isto mesmo) á liberdade de pensamento. Non é casualidade que na reclusión á que nos obrigan certos factores (incluídos os temporais que estamos a encadear) o noso espírito crítico sexa quen de tirar abaixo as máis sólidas barreiras. O selo editorial Axóuxere, con sede en Rianxo, é neste senso un importante factor de derrube. Para contribuír a este obxectivo, Axóuxere contará estes meses (dende outubro até decembro) coa estimábel axuda da filósofa galega Raquel Ferrández, o escritor brasileiro Henrique Komatsu e a escritora libanesa Joelle Saliba, residentes actuais na casa de Brión (Rianxo), dentro do programa de residencias de escritoras/es e pensadoras/es que a Axóuxere organiza xunto coa Deputación da Coruña e máis o Concello de Rianxo. A filósofa Raquel Ferrández prende esta finde o lume da liberdade de pensamento con dúas actividades ás que non podemos deixar de acudir.

Unha das citas desenvolverase o sábado 19 en horario de 11 a 14h e de 17 a 20h na Biblioteca Municipal de Rianxo e o domingo 20 de outubro de 11 a 14h na Casa de Axóuxere Editora (Brión, Rianxo). Trátase do seminario de pensamento Filosofías indias e occidentais da mente: meditación e neurociencia.Previamente, o 18 de outubro na biblioteca local, a partir das 20.00 horas, Raquel Ferrández achegará a conferencia Experiencia mística e expresión artística na filosofía india.

As actividades proseguirán en novembro da man do brasileiro Henrique Komatsu e, posteriormente, na compaña da escritora e pensadora Joelle Saliba. Para máis información sobre o programa de actividades de Axóuxere para este outono, a editorial puxo na súa web un PDF con todos os datos explicados polo miúdo, indicando como facermos a inscrición nos seminarios e obradoiros.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.