Boiro oferta prazas para o Campamento Deportivo de Verán da Deputación da Coruña

21 Abril 2022

A rapazada de Boiro vaise beneficiar da posibilidade de participar na nova edición do Campamento Deportivo da Deputación da Coruña, organizado pola súa área de Cultura e Deportes entre o 26 de xuño e o 29 de xullo, a través de cinco quendas. Ao concello de Boiro correspóndenlle 4 prazas na última quenda: entre os días 24 e 29 de xullo.

Esta actividade está destinada a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013 e vaise levar a cabo nas instalacións do IES Rosalía Mera da Coruña. O campamento engloba actividades deportivas e culturais como son deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais… con xogos e actividades que axuden a fomentar a comunicación, a convivencia, o respecto aos demais…

O prezo do campamento é de 85 euros, que se deberán aboar unha vez confirmadas as prazas nun número de conta que se facilitará ás familias. O importe inclúe o transporte interno, estadía e manutención en residencia, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.

As inscricións poden formalizarse ata o día 20 de maio e, para a elección das persoas participantes, farase un sorteo público das prazas. Para realizar a inscrición as persoas participantes deben entregar no Rexistro Xeral do Concello de Boiro a ficha de solicitude que está dispoñible na web municipal e no propio departamento de deportes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.