“Enfermidades terminais” – José Manuel Pena

20 Abril 2022

Estes últimos días as visitas ao hospital foron frecuentes para acompañar a un bo amigo que se atopa vivindo uns difíciles momentos polo seu delicado estado de saúde. Esta circunstancia abriume un pouco máis os ollos á realidade do sufrimento, a dor, a tensión, a ansiedade e a enfermidade de demasiadas persoas.

Vivir, en segunda persoa, a evolución das doenzas terminais, provocadas por tumores convertidos en metástases, permitiume filosofar e pensar sobre a fraxilidade e a limitación do ser humano. Hai que recoñecer o labor deses facultativos, enfermeiras, auxiliares de enfermaría, celadores, limpadoras e todo o persoal sanitario de calquera centro hospitalario que se implica en axudar ás persoas ás que xa non poden curar pero si aliviar, non deixándoas nunca abandonadas aínda que pareza que non se pode facer nada por elas. Lembrar que ninguén está libre de pasar por estas circunstancias.

Moitos destes sanitarios saben que teñen a obriga de ofrecer unha saída ao sufrimento que rebaixa a vida do paciente a niveis intolerables e que, nalgúns casos, levaos a morrer sen dignidade. Por outra banda hai algúns casos contrarios e así recordo que, hai uns días, chamando a emerxencias sanitarias (061) para a atención dun enfermo terminal, atópome cunha doutora que me recomenda “mellor que quede en casa para esperar a morte”. Ufff, por favor, unha persoa que non pode inxerir alimentos, nin sólidos nin líquidos, que ten fortes dores constantes, por favor. Ao final requirimos a ambulancia para o seu traslado hospitalario e a que lle paliasen a dor e o alimentasen de maneira parenteral.

Seguro que ao meu amigo chegaralle a morte, máis cedo que tarde, pero mentres tanto ten o dereito a vivir cunha mínima calidade de vida e non seguir padecendo tanta dor porque, actualmente, hai terapias e medios suficientes para palialo.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.