Aberto o prazo para inscribirse no Club da Raíña Lupa

19 Abril 2022

Na mañá deste luns 18 de abril activáronse os formularios para inscribirse no Club da Raíña Lupa, a iniciativa aberta de fomento da lectura que nace ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. O número de prazas para participar nos 5 encontros programados está limitado a 20 persoas e a inscrición debe realizarse a través dos formularios  habilitados pola entidade provincial.

Andrea Maceiras e Antonio Manuel Fraga na presentación do club

As sesións terán lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro.

O primeiro dos encontros celebrarase o 29 de abril e xirará ao redor do libro Santoamaro de Antonio Manuel Fraga. Os seguintes encontros contarán coa participación Érica Esmorís, Berta Dávila, Ledicia Costas, Manuel Rivas e de Andrea Maceiras, esta última foi ademais a gañadora da edición do Raíña Lupa 2021 e é a coordinadora do Club.

A Deputación lembra que o Club da Raíña Lupa parte da filosofía de “non hai idade, hai literatura”, para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil, polo que poderá participar tanto o público máis novo como calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir experiencia lectora cos máis novos e novas.

Calendario de lecturas e encontros:
• 29 de abril: Antonio Manuel Fraga con Santoamaro.
• 27 de maio: Érica Esmorís con Patio de luces.
• 30 de setembro: Berta Dávila con Un elefante no cuarto de estar.
• 28 de outubro: Ledicia Costas con O neno de lume e Manuel Rivas con A nena lectora.
• 25 de novembro: Andrea Maceiras con Que se me pare o corazón se te esquezo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.