Avanza a rehabilitación da ponte Nafonso coa colocación do novo peitoril en pedra de cantería

13 Abril 2022

A Xunta avanza nos traballos de rehabilitación e posta en valor da ponte Nafonso, na estrada AC-196, entre os municipios de Noia e de Outes, coa colocación estes días do novo peitoril en pedra de cantería.

Os traballos reiniciáronse esta semana co remate do pavimento, tras recibir o visto bo da Comisión de Patrimonio da provincia da Coruña ao novo proxecto para Ponte Nafonso que recolle unha nova configuración do peitoril, e unha vez superado o paro do transporte.

Cómpre lembrar que o encaixe das canalizacións fixo necesario elevar o pavimento, o que impedía a integración estética da varanda metálica inicialmente proxectada. Esta circunstancia, sumada á decisión de limitar a velocidade futura sobre a ponte, levou ao cambio na solución para o peitoril, optando por colocar agora un de pedra de cantería.

A intervención inclúe a modificación da rasante da ponte colocando unha nova imposta de 12 centímetros de altura e 30 cm de ancho sobre a xa existente.

O peitoril de pedra será similar aos existentes nos tallamares, como xa tiña antes das obras de ensanche dos anos 20 do século pasado.

Esta proposta do peitoril de pedra ten base histórica, acorde ao proxecto de ponte Nafonso documentado no século XVII. As obras tamén inclúen a adecuación da iluminación en base a un modelo de baliza encaixada no peitoril, sistema tamén usado en Ponte Sampaio, en Pontevedra.

As obras de rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico e cultural que significa a ponte Nafonso supoñen un investimento autonómico de máis de 700.000 euros.

O proxecto enmárcase no programa pioneiro de control das pontes e obras de paso que está a desenvolver a Xunta, para preservar a seguridade e alongar a vida útil destas infraestruturas, con actuacións de conservación preventiva.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.