A Xunta informa aos consumidores de Noia sobre as claves da factura da luz

12 Abril 2022

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, participou esta mañá no Casino de Noia nunha charla informativa sobre a factura da luz, dentro da nova campaña informativa impulsada pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia económica, para asesorar e aconsellar en relación a este servizo básico que afecta a toda a cidadanía.

No encontro achegouse asesoramento sobre os conceptos básicos que figuran na factura da luz para a súa mellor comprensión, así como para a adopción de decisións que poidan axudar no aforro. Así mesmo, trasladáronse diferentes recomendacións, como solicitar as ofertas comerciais que se reciban sempre por escrito e ser cautelosos ao contratar fórmulas de cálculo do prezo da luz de difícil comprensión.

Co ánimo de achegar esta información ao maior número de persoas consumidoras posible, a Administración autonómica ofrece a todos os concellos galegos a oportunidade de colaborar con esta iniciativa e ofrecer aos seus veciños unha xornada informativa presencial impartida polos técnicos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). A iniciativa ten previstas xa visitas a unha trintena de municipios, e o calendario coas seguintes citas pode consultarse na web do IGCC.

Complementariamente, o IGCC pon a disposición das persoas consumidoras os Venres de Consumo responde, unha iniciativa virtual para atender en aberto os venres ás 12.30 horas, todas as dúbidas das persoas consumidoras a través da aula virtual do organismo.

A cidadanía pode tamén facer uso do servizo telefónico de información gratuíta
900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas e de 17 a 19 horas de luns a venres, ou achegarse con cita previa a calquera das oficinas do IGCC nas sete principais cidades de Galicia.

Os consumidores tamén poden enviar as súas dúbidas por correo electrónico ou a través dun formulario que atoparán na web do organismo.

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, participou nunha charla no Casino noiés na que se achegou asesoramento sobre este servizo básico que afecta a toda a cidadanía

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.