O Campionato Territorial Norte de Bateis disputarase na Pobra nesta fin de semana

12 Abril 2022

As augas da dársena do peirao comercial da Pobra do Caramiñal volverán ser escenario dunha cita deportiva de primeira liña. Trátase do Campionato Territorial Norte de Bateis, que se celebra esta finde e que contará coa participación dunha ducia de clubs. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e Adrián González e Carmela Fernández, no nome do Club Remo Puebla.

Segundo fixeron saber, as regatas eliminatorias comezarán a partir das 16.30 horas do día 16, onde os equipos competirán por se clasificaren para a final que se disputará no 17 de abril, das 11.00 horas en diante, que tamén é clasificatoria para o Campionato Galego.

Repartiranse medallas entre os tres primeiros equipos das categorías participantes: alevín/alevina, infantil, cadete, xuvenil e absoluto, tanto na modalidade feminina coma na masculina.

A entidade deportiva pobrense participará cun total de 10 equipos, un por categoría agás na cadete feminina, pero cun segundo equipo filial en cadete masculino baixo a nomenclatura Regatas Pobra.

No desenvolvemento deste evento deportivo seguirase o protocolo establecido por mor da COVID-19.

Organiza o Club Remo Puebla e a Federación Galega de Remo, coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e a Protección Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...