“Cristo coa cruz” – Manuel Domínguez

12 Abril 2022
Simón de Cirene axudando a Cristo

Cristo coa cruz, vino, estiven alí e tiven medo.

Despois de que a plebe berrase “liberen a Barrabás”, manipulados polo sanedrín, Cristo é condenado.

Antes, Xudas o meu amigo, suicidouse, nunha leira, A Aceldama, hoxe coñecida como campo de sangue, colgouse con corda de cáñamo, póla dunha oliveira, pago coa súa vida o acto de traizón ou foi elixido para cumprir o destino, para que se fixese a palabra.

Cristo camiñaba polas ruelas unha cruz de carballo ou piñeiro, non puiden diferenciar, duns 75 quilos de peso, alí ía o nazareno, coa cruz ao lombo, ninguén lle axudaba, gritáballe, insultábanlle, e eu preguntábame onde estaban as nais, a cuxos fillos sandara, onde aquel ao que un día calmou a súa sede, só Cristo coa cruz ao lombo, e Pedro o elixido escondido mirando tras unha columna dos soportais, para min un traídor, pois Judas pago coa súa vida.

Xudas era Zelote, é dicir nacionalista, eu tamén, estaba contra o imperio romano, por ser invasor das nosas terras. Xudas levaba a exigua economía, sabia de números e era moi honesto por iso administraba o pouco diñeiro que tiñamos.

Vexo caer a Cristo e non me movo, o frío conxélame, o frío do meu corpo, o frio que produce o medo.

Medio quilometro até o alto do monte Gólgota, medio quilómetro que parecía unha eternidade.

Cristo cae, cae a suor do seu rostro, cae o sangue da súa fronte, as súas costas sanguentas polos lategazos dun romano, servo do poder, un servil.

Nunha das caídas vexo como Simón de Cirene achégase e axuda a Cristo coa cruz, mentres Pedro de soportal en soportal, e agochado entre a multitude, gardaba silencio.

El, Pedro elixido, o ben amado, responde con silencio, con covardía, con medo.

Sobe a costa até o Golgota, chorei de covardía ante a impotencia de non facer nada, Xudas e eu buscabamos en Cristo a liberación, a liberdade dunha terra oprimida, fóra da tiranía dos romanos, el prometíanos un novo reino, pero nós non queriamos reino, queriamos a liberdade da nosa terra, Poncio Pilatos era o gobernador de Xudea, representando ao Imperio romano.

Tal era a miña dor e a miña vergoña que non tiven valor para subir, para acompañar a Cristo até a cima do monte Gólgota.

Hoxe sen militancia, nin política nin relixiosa, procuro ser fiel a min mesmo, ser o mais decente que un ser humano poida ser, evitar o mal, ser consecuente, e aínda que non teño raíces de santo, dar á sociedade parte do que a sociedade me entrega.

Cultivo unha rosa branca

en xuño como xaneiro

para o amigo sincero

que me dá a súa man franca.

E para o cruel que me arrinca

o corazón con que vivo,

cardo nin estruga cultivo;

cultivo a rosa branca.

José Martí.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.