En Muros a Xunta impulsa a posta en valor dos oficios artesanais durante a semana santa

09 Abril 2022

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través de Artesanía de Galicia, organiza a iniciativa Obradoiros de Artesanía de Galicia en Muros, co obxectivo de achegarlle á sociedade os oficios artesanais, visibilizar a marca Artesanía de Galicia e de contribuír á difusión do
valor engadido destes produtos.
No evento, que se celebrará do 11 ao 15 de abril no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón coa colaboración do Concello de Muros, inclúense tres obradoiros abertos a todo tipo de públicos.
Ao longo da semana, os visitantes poderán coñecer de preto tres oficios artesanais –o bordado, a estampaxe téxtil e a pintura sobre madeira– de xeito gratuíto e sen necesidade de inscrición previa. Os obradoiros realizaranse en horario de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas.
A artesá Minia Banet, de Variopinto (Santiago de Compostela), será a encargada de impartir o obradoiro de Bordado sobre postais, no que os participantes aprenderán a bordar sobre papel intervindo antigas imaxes da vila de Muros e arredores, empregando postais e fíos de bordado e creando texturas mediante diferentes puntos. Esta actividade celebrarase os días 11, 12, 13 e 14 de abril.
Xiana Cobo (Santiago de Compostela) dirixirá o obradoiro Estampaxe manual téxtil, no que amosará como usar unha das técnicas máis antigas da decoración de tecidos: a técnica de estampaxe por bloques. Os participantes poderán estampar un pano de algodón de 45x45cm ou calquera prenda que decidan levar da casa, a través de selos de diferentes formas e cores. O taller celebrarase os días 12, 13, 14 e 15 de abril.
Leonor Díaz, de Como pez en el agua (Vigo), impartirá o curso Taller de pintura sobre madeira, no que os participantes poderán decorar con pintura acrílica discos de madeira para colgar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...