Boiro revalida co DéporCampus o seu papel de canteira de novos talentos deportivos

18 Xuño 2019

Boiro revalida este verán o seu papel de referente deportivo galego: ese lugar que sinalas no mapa cando procuras canteiras de talentos novos e consolidados. En virtude disto, o Real Club Deportivo da Coruña, a EFM de Boiro e o Concello volveron unir forzas para organizar, entre o 24 e o 28 de xuño, unha nova edición do DéporCampus Cabreiroá. O campamento, que ten aberto o prazo até o día 20, é unha actividade de lecer, formación e deporte para nenas e nenos de entre 6 e 14 anos. A actividade está patrocinada por firmas como Gadis ou a empresa local JEALSA-Rianxeira.
A experiencia contará novamente cos adestradores do Dépor Campus, unha iniciativa do Real Club Deportivo da Coruña, que porán en práctica metodoloxías de ensino ligadas ao desenvolvemento técnico, aos coñecementos básicos sobre estratexias tácticas ou ás vantaxes de posibilidades de traballar en equipo. Sobre este último punto, o DéporCampus é xa un referente no fomento de valores ligados ao xogo limpo, o respecto polo rival e a solidariedade no deporte. A idea básica é xuntar todos estes valores e achegar á rapazada galega unha oportunidade sólida e firme para dar o chimpo (no futuro) ao céspede herculino de Abanca-Riazor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.