O 15 de maio toca calzarse as botas en Porto do Son para camiñar contra o cancro

06 Abril 2022

O Concello de Porto do Son e AECC Porto do Son van organizar unha andaina solidaria contra o cancro o vindeiro 15 de maio. Será a partir das 11.00 horas, contándose cun itinerario que percorrerá o Paseo Marítimo até a Igrexa Parroquial e logo até Caveiro Os prezos son 5 euros para adultos e 3 euros para menores. As inscricións están abertas na Rede.

O recadado será para apoiar o labor da AECC (Asociación Española Contra o Cancro A Coruña). As inscricións tamén se poden facer de xeito presencial en diversos establecementos de Porto do Son (Floristería Marita, no Centro de Saúde de Porto do Son, en Tres Sesenta, en Xoaniña en na Libraría Andrea), en Xuño (Floristería Bambú), en Queiruga (Bar Constantino) en Portosín (Paso a Paso).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.