Os enterros do Entroido de Boiro forman parte do proxecto Saberes Próximos

05 Abril 2022

Os enterros tradicionais de Boiro relativos ás festas do Entroido, que se celebran nas distintas parroquias do concello, forman parte do proxecto Saberes Próximos que ten como obxectivo recoller, gardar e compartir tradicións, costumes e coñecemento. Trátase dun proxecto que leva a cabo Ben Curiosa coa colaboración da Deputación da Coruña mediante o seu programa de Proxectos Singulares.

Saberes Próximos é un proxecto dixital arredor das persoas e o patrimonio inmaterial que ten como obxectivo “dar visibilidade ás persoas e colectivos que recollen, gardan e comparten estes saberes e que van dos oficios á tradición oral, pasando pola festa, a música e o baile, a cociña ou a memoria colectiva”.

Os enterros tradicionais que o pobo de Boiro celebra no Entroido pasan a formar parte deste proxecto coa finalidade de dar a coñecer estas costumes do noso municipio. Forman parte deste proxecto o enterro da Cunca de Praia Xardín; o enterro do Óso de Abanqueiro; o enterro do Felipiño de Escarabote e o enterro do Farruco en Cabo de Cruz.

Neste proxecto derivan iniciativas que conta cunha grande tradición de moitos anos como son os enterros do Óso e o Felipiño; e outras máis recentes ou que se recuperaron como son o de Praia Xardín.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.