A Pequetroula chega á Pobra por segundo ano consecutivo

10 Outubro 2019

20191010. O Concello da Pobra do Caramiñal organiza a Pequetroula, un espazo lúdico para os máis pequenos da casa que estará situado na praza de abastos da vila durante o curso escolar 2019-2020. Dirixida a cativos con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, desenvolverase tódolos venres en horario de 17.00 a 21.00 horas. Así o deron a coñecer o alcalde do municipio, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Igualdade e Dinamización Económica, Charo Varela.

A edil expresou a importancia do comercio para a vila, realizando distintas actividades que se vinculen a este sector, entre as que se atopa esta iniciativa por segundo ano consecutivo co obxectivo de “dinamizar o comercio e conciliar a vida laboral e familiar.”

Pola súa parte, o rexedor lembrou que se trata “dunha estratexia que temos empregada moitas veces” vinculando un servizo ao apoio do comercio. Unha medida que se pretende utilizar no futuro, pois “pensamos que pode funcionar no comercio local.” Ademais, anunciou que se repartiron papeis informativos nos centros educativos do municipio para darlle maior difusión a esta iniciativa.

A Pequetroula estará atendida por dúas monitoras de tempo libre que programarán diferentes actividades para cada mes. Así, a correspondente con outubro xa está definida. O venres 11 terán lugar o mural outonal, elaboración de estoxo temático, xogos con paracaídas, tatuaxes con purpurina, contacontos e monicreques. Na xornada do venres 18 será a quenda da globoflexia, obradoiro con abelorios, xogos de puntaría, musicalidade, coreografía e contos con papiroflexia. Por outra banda, o venres 25 haberá obradoiro de Samaín, contos ás escuras, monicreque de araña peluda, maquillaxe de terror e xogos temáticos.

Para acceder a unha hora deste servizo é preciso presentar un tícket que acredite a compra en comercio local por un valor de 3 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.