A rapazada de Pobra poderá desfrutar de Pequetroula até que remate o período lectivo

10 Outubro 2019

20191010 Os venres deste mes de outubro (e até xuño, mentres dure o período lectivo) a rapazada da Pobra ten unha cita co xogo, a diversión, o traballo cooperativo e a aprendizaxe. Estamos a falar da Pequetroula, que se celebra todos os venres, da man do Concello, no edificio da Praza de Abastos local, en horario de 17.00 e a 21 horas e a disposición da rapazada de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

O programa de actividades será tan amplo como poidamos imaxinar: haberá (este venres 11) obradoiros de fabricación de estoxos temáticos e de elaboración de abelorios, xogos con paracaídas, tatuaxes con purpurina, monicreques e contacontos, ao que cómpre engadir (o venres 18 de outubro) xogos de puntaría, talleres de música e coreografía ou contos con papiroflexia, entre outras cousas.

Por se isto fose pouco, o venres 25 celebrarase un obradoiro de Samaín (a festa do 1 de novembro), contos ás escuras, monicreques, maquillaxes de terror e xogos temáticos relacionados coa dita celebración.

Os xogos de Pequetroula teñen ademais o engadido extra de ser unha maneira divertida de contribuír ao comercio local, de aí que para participar no programa deste mes de outubro sexa preciso levar tickets de compra previamente obtidos nas tendas do termo municipal (tres euros equivalen a unha hora de actividades).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.