O I Ciclo Victoriano García Martí inclúe a presentación dun libro inédito de Carlos García Bayón

10 Outubro 2019

20191010. O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal será escenario o sábado 12, ás 20.30 horas, da presentación do libro inédito de Carlos García Bayón: Paseos por Don Victoriano García Martí. No acto intervirán Patricia Lojo, concelleira de Cultura na Pobra; Xesús Laíño, da Asociación Cultural Barbantia; e Ana García, filla de Carlos García Bayón. Ademais, os asistentes serán agasallados cun exemplar da obra.

Esta cita enmárcase na programación de actividades do I Ciclo Victoriano García Martí, organizado polo Concello pobrense durante os días 11, 12, 18, 19 e 20 de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.