Un ciclo divulgará a obra e figura de Victoriano García Martí na Pobra

09 Outubro 2019

20191009. A Pobra do Caramiñal albergará o I Ciclo Victoriano García Martí co obxectivo de dar a coñecer a obra e figura deste escritor pobrense entre a cidadanía. Así o anunciaron o alcalde da localidade, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; e a técnica do Museo Valle-Inclán, Sabela Herrero.

As actividades desenvolveranse en diversos emprazamentos da vila os días 11, 12, 18, 19 e 20 de outubro. A programación inclúe ofrenda floral, conferencias, obra de teatro e exposición composta por mostras bibliográficas, correspondencia, escritos persoais e fotografías, entre outros.

A edil manifestou que decidiron organizar este evento porque Victoriano García Martí “é un referente da cultura”, tratándose ademais dun intelectual que “abre a Galicia cara ao exterior e que comunica a sensibilidade do galego máis alá das nosas fronteiras.” Tamén apuntou que o escritor pobrense trasladou á prensa nacional e internacional a procesión das mortaxas, contribuíndo a catapultar a fama deste evento. Patricia Lojo engadiu que García Martí “pensaba xa naquel momento que Galicia era unha seña de identidade distinta da Península Ibérica e que, a través da cultura, se tiña que construír un país mellor.” Por último, agradeceu o traballo de tódalas persoas que fixeron posible este ciclo, así como a cesión das ilustracións realizadas para a ocasión por parte de Domingo Regueira.

Pola súa parte, a técnica Sabela Herrero fixo primeiramente unha reivindicación do papel dos museos “como centros investigadores e como centros garantes da transmisión da cultura dunha xeración a outra.” A continuación, precisou que Victoriano García Martí estaba vencellado aos movementos feministas de Galicia. Así mesmo, resaltou o traballo colectivo entre o Concello pobrense, o director do Museo Valle-Inclán e a área de Turismo.

Na súa intervención, o rexedor cualificou estas xornadas como “necesarias”, destacando que este escritor posuía “ideas modernas, diferentes e que encadrarían bastante na época que vivimos actualmente, nalgúns aspectos. Polo tanto, foi unha persoa adiantada ao seu tempo, en valores democráticos, en valores feministas e moi polifacético.” Deste xeito, preténdese mellorar a cultura e o coñecemento do patrimonio do concello. Finalmente, agradeceu a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Museo do Pobo Galego, Asociación Cultural Barbantia e Eiradela Asociación Cultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.