O Concello de Boiro desenvolve un ambicioso programa municipal para incrementar a seguridade viaria

30 Marzo 2022

A Policía Local do Concello de Boiro vén de levar a cabo unha campaña de control de tráfico que se enmarca dentro dos programas previstos pola Dirección Xeral de Tráfico para o ano 2022. O obxectivo é aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade.

A Policía Local levou a cabo controis entre os días 21 e 27 de marzo encamiñados á medición das velocidades dos vehículos nas vías urbanas e travesías que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico logo de que, coa última modificación da Ley de Seguridad Viaria, todas as vías urbanas dun só carril para cada sentido estean limitadas a 30 km/h.

A Policía Local de Boiro está a realizar tamén controis de inxesta de alcol e outras substancias nos condutores, dentro do propio Plan Anual do Corpo da Policía.

A maiores, o Concello de Boiro impulsou actuacións en materia de sinalización viaria co obxectivo de “aumentar a seguridade viaria e reducir os sinistros que se producen en vías secundarias e no núcleo urbano”. Entre os traballos realizados está a mellora de marcas viarias e regulamento do estacionamento; a instalación de redutores de velocidade nas zonas máis conflitivas e con maior risco de sinistralidade; e a mellora da iluminación.

A campaña puxo o foco, sobre todo, en estradas secundarias e contornas dos centros de ensino, así como noutros puntos do núcleo urbano. Entre os traballos desenvolvidos incluíuse unha actuación en Escarabote, coa renovación de pavimentado, sinalización viaria, acondicionamento de beirarrúas e mellora da iluminación. Actuouse tamén en Cespón e en vías en Boiro.

Amais, para a mellora da seguridade viaria na contorna dos centros de ensino levouse a cabo unha actuación integral na avenida de Compostela, onde se atopan o CEIP Praia Xardín, o CEIP Santa Baia e o IES Praia Barraña; tamén en Praia Xardin, na contorna da Galiña Azul, onde foi efectuado o cambio de luminarias a LED para “mellorar a iluminación da zona, a regulación de velocidade con pasos elevados e accesíbeis, e a sinalización viaria”.

Nos vindeiros meses vaise executar o proxecto para a mellora da seguridade viaria nos centros de ensino CEIP Santa María do Castro e IES Espiñeira mediante o que se van levar a cabo actuacións integrais para a renovación do firme, sinalización viaria específica e acondicionamento da para de autobús. Unha actuación dun orzamento de 101.693,36 euros que se vai executar con cargo ao POS+ da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...