Boiro reforza o alumeado público nos núcleos de poboación do rural

29 Marzo 2022

O Concello de Boiro, a través do servizo de electricidade, traballa para a mellora da iluminación en todos os núcleos de poboación do rural. Nos últimos meses realizouse un importante traballo de renovación de luminarias e de aumento de puntos de luz nos lugares máis sensibles pola falta de iluminación.
Son numerosas as demandas que a diario se reciben no Concello para a mellora da iluminación a través do servizo de incidencias. Co obxectivo de mellorar a iluminación e incidir no aforro enerxético, cada vez que se funde unha luminaria cambiase por unha nova tipo led. Estase a traballar tamén por mellorar a iluminación co aumento de puntos de luz nas zonas máis sensibles como poden ser as zonas escolares ou paradas de autobús.
Ademais da reparación de incidencias, nas últimas semanas realizouse unha renovación integral da iluminación en diversos puntos do rural. Actuouse nas aldeas de Mieites, Comba e San Martiño co cambio da luminarias a led e ampliación de puntos de luz. Tamén se fixo a renovación de luminarias nos
cemiterios de Cespón e Abanqueiro, na contorna e vías de acceso ao Náutico de Barraña e en diversos puntos do núcleo urbano como é o tramo final da rúa Pablo Iglesias.
Máis da metade das incidencias notificadas correspóndense con alumeado público polo que o Concello de Boiro reforzou o servizo co obxectivo de axilizar a resolución destas incidencias. Mediante o servizo de xestión de incidencias Liña Verde notificáronse nos primeiros dous meses do 2022 un total de 264 incidencias relacionadas co alumeado, o que supón un 50,67% do total das rexistradas das cales hai un porcentaxe de resolución dun 75%.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.