As Olimpíadas Solidarias do CEIP Santa Irene, en Porto do Son, recadaron 2.263,37 euros

28 Marzo 2022

Os días pasados culminaron no CEIP Santa Irene de Porto do Son as primeiras Olimpíadas Solidarias impulsadas dende a dirección do centro e a comunidade escolar representada la asociación de nais e pais (a ANPA O Campo) e o alumnado. Segundo confirmaron nas redes sociais, o vento serviu para recadar 2.263,37 euros. Trátase, segundo explicaron, “do noso gran de area particular para GaliciAME e a investigación da Atrofia Muscular Espinal”. GaliciAME, para quen non o saiba, é a Asociación Galega de Atrofia Muscular Espinal, unha entidade con sede principal en Cambados que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas coa devandita doenza. As olimpíadas celebráronse entre os días 7 e 11 de marzo e nelas participaron os 180 escolares do centro sonense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.