Patrimonio autoriza o proxecto de reforma do viaducto de Ponte Nafonso, que se prevé reactivar nos vindeiros días

26 Marzo 2022

A Comisión de Patrimonio da provincia da Coruña deu o visto bo ao novo proxecto modificado para Ponte Nafonso que recolleu unha nova configuración do peitoril, en pedra, o que permitirá retomar as obras nos vindeiros días, sempre que o paro do sector do transporte o faga posible.
Esta modificación foi necesaria porque durante a execución das obras viuse a necesidade de elevar o pavimento para encaixar as canalizacións. Esta circunstancia, sumada á decisión de limitar a velocidade futura sobre a ponte, levou a valorar tamén un cambio na solución proposta para o peitoril, optando por colocar un de pedra.
Cómpre lembrar que os traballos que se están a realizar buscan o máximo  coidado e teñen como obxectivo a posta en valor do patrimonio histórico e cultural que significa a ponte.
Máis concretamente, a resolución de Patrimonio autoriza a modificación da rasante da ponte colocando unha nova imposta de 12 cm de altura e 30 cm de ancho sobre a xa existente. Autoriza tamén a substitución do peitoril da ponte por un peitoril de pedra, similar aos existentes nos tallamares, como xa tiña antes das obras de ensanche dos anos 20 do século pasado.
Esta proposta do peitoril de pedra ten base histórica, acorde ao proxecto de ponte Nafonso documentado no século XVII. O proxecto informado tamén inclúe a adecuación da iluminación en base a un modelo de baliza encaixada no peitoril, modelo tamén usado en Ponte Sampaio, en Pontevedra.
As obras de rehabilitación e posta en valor da ponte Nafonso, na estrada AC-196, entre os municipios de Noia e de Outes, supoñen un investimento autonómico de máis de 700.000 euros. Os traballos neste ben catalogado patrimonialmente, consisten na substitución do pavimento e da varanda existente, que se atopa deteriorada.
Ademais, estase levando a cabo a limpeza dos paramentos exteriores co fin de mellorar o seu aspecto estético, eliminando os elementos danados da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación.

A intervención tamén prevé dúas actuacións concretas para iluminar a calzada e para a iluminación monumental da propia ponte, o que permitirá a súa posta en valor e unha notable mellora na seguridade viaria para vehículos e peóns. Ademais colocaranse paneis informativos e carteis de localización
Control das pontes e obras de paso.
Esta intervención enmárcase no programa pioneiro de control das pontes e obras de paso que está a desenvolver a Xunta, para preservar a seguridade e alongar a vida útil destas infraestruturas, con actuacións de conservación preventiva.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando no mantemento das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria.

Outros artigos

Porto do Son acolle o 1 de xuño un encontro de artesáns: ARTE-SON

A praza de España de Porto do Son e a súa contorna vai acoller o vindeiro 1 de xuño un encontro de artesáns con todo tipo de actividades participativas e creativas arredor da artesanía para maiores e tamén para pequenas/os. O evento ARTE-SON, da Asociación Sonora,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...