Accidente de tráfico na AC-550 ao seu paso pola parroquia de Miñortos, en Porto do Son

20 Maio 2024
Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira foron alertados ao redor das 18:15 horas de onte, domingo 19 de maio, dunha saída de vía á altura do punto quilométrico 81,5 da estrada AC-550, á altura da parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son.

A incidencia foi ocasionada por un vehículo que saíu da vía, batendo contra un poste eléctrico. O coche estaba ocupado por tres ocupantes e ningún deles precisou ser liberado do interior.

O poste e os cables atopábanse fora da vía polo que non supoñían ningún risco para o tráfico rodado. O operativo consistiu na recollida das partes do vehículo desprendidas no accidente e no corte das varillas do poste, por petición da empresa responsable do alumeado público.

No operativo tamén participaron o 061 de Noia, a Garda Civil de Santiago e voluntariado de Protección Civil de Porto do Son.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.