Porto do Son acolle o 1 de xuño un encontro de artesáns: ARTE-SON

20 Maio 2024

A praza de España de Porto do Son e a súa contorna vai acoller o vindeiro 1 de xuño un encontro de artesáns con todo tipo de actividades participativas e creativas arredor da artesanía para maiores e tamén para pequenas/os. O evento ARTE-SON, da Asociación Sonora, desenvolverase en horario de mañá (de 11 a 14h) e de tarde (de 17 a 20 horas). A cita rematará cun colofón musical cunha actuación en directo. O programa inclúe unha mostra de artesanía local, música en directo, obradoiros para adultos e cativos e unha sesión vermú.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.