As Festas de Nebra arrincan o mércores 22 con música, misas, actividades para a rapazada, unha festa da xuventude e a 2ª Andaina de Santa Rita

20 Maio 2024

A parroquia sonense de Nebra vai acoller esta semana as súas Festas de San Rita, que inclúe no seu programa actividades para veciñas e veciños (e visitantes) de todas as idades). Celebrarase os días 22, 23, 24 e 25 de maio, organizadas pola comisión local de festas en colaboración co Concello de Porto do Son. O programa arrincará este mércores 22, día adicado a Santa Rita, con misas ás 9.00, ás 10.00, ás 11.00, ás 12.00 (solemne) e ás 20.00 horas. A parte musical virá da man do grupo de pandeireteiras Falcoeira (dianas) e do Trío Arena (sesión vermú e verbena).

Ao día seguinte, xoves 22 (na honra do Cruceiro de Tores), a axenda comezará cunha misa solemne ás 12.00 horas, con dianas (novamente) a cargo de Falcoeira e sesión vermú e verbena con Trío Digital. Ás 19.00 horas está previsto un concerto de música tradicional galega con Falcoeira e Canlebó de Camboño, no Cruceiro de Tores.

O venres 24 será a quenda da primeira edición da Festa da Xuventude. Actuarán Planet Disco Móbil con Mateo Abelleira, DJ Jalaiko e DJ Places.

As festas rematarán o 25 de maio, sábado, coa segunda edición da Andaina de Santa Rita que inclúe unha ruta cabalar (ás 9.30), a saída dos camiñantes (adultos e nenos ás 10.00 horas) e xogos populares e merenda (de 12.00 a 14.00 horas). Logo será a quenda da sesión vermú co grupo Unión y Fuerza. O xantar inclúe porto ao espeto e carneiro. Logo da comida haberá tarde de bingo, de 16.00 a 20.00 horas, con inchábeis e actividades infantís. A orquestra Unión y Fuerza porá o broche de ouro da festa cunha gran verbena nocturna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.