“Flores no mar” – Antón Luaces

25 Marzo 2022

Sempre hai algo que xustifique o que, para a maioría dos afectados, é inacción. Pero no caso dos mariñeiros desaparecidos -hoxe recoñecidos oficialmente coma falecidos- no naufraxio do pesqueiro de Marín “Villa de Pitanxo”, a negativa á continuidade da busca e localización do pecio así como a posibilidade de recuperar os corpos deses mariñeiros posiblemente pechados no interior do buque afundido, xorde instantánea: non existen medios humanos nin técnicos que permitan a un rov ou robot descender á profundidade na que se atopa o barco, como tampouco existen evidencias de que os tripulantes que faltan por rescatar estean, efectivamente, nas dependencias do barco.

Así, pola vía rápida, os responsables de Mariña Mercante, Salvamento Marítimo e delegación do Goberno en Galicia informaron onte en Pontevedra aos familiares deses nove homes mortos vai xa máis dun mes en augas de Terranova. Por este motivo hai que poñer un punto e final ás demandas de colaboración tanto por parte de España como pola de Canadá para manter, como mínimo, a esperanza de que, cos medios técnicos existentes hoxendía, puideran utilizarse estes non só para a localización do pecio senón tamén para o rescate dos corpos deses nove homes aos que só con flores depositadas no mar, oracións formuladas e lembranzas gardadas baixo sete chaves poderán honrar aqueles que os choran en botan de menos.

Oficialmente nada hai que facer. Isto é o que, con máis ou menos adornos, viñeron dicir a Galicia os representantes gobernativos. Talvez as familias non agardaban moito máis, malia o recoñecemento de que para outros mortos si habería, cando menos, a promesa de que os seguirían buscando.

Algún día, os aparellos dun gran arrastreiro galego faenando en Terranova “dirán” onde está somerxido o “Villa de Pitanxo”.

Con el retornarán á actualidade historias de naufraxios, de mariñeiros finados a centos de metros de profundidade rodeados de fletán negro que as autoridades canadenses

non quixeron que pescaran os galegos.

Os fillos inventarán historias coas que xustificar a ausencia de seus pais e gardarán nun marco de prata a memoria de quen se foi sen que ninguén, polo de agora, determinara que pasou para que o “Villa de Pitanxo” deixara de escribir a súa historia diaria a unhas 250 millas de Terranova.

Dentro duns meses, a CIAIM ditaminará como se produciu o afundimento do pesqueiro e as mortes de 21 dos seus 24 tripulantes. Dos tres sobreviventes, dous -tío e sobriño- contan unha historia. E o terceiro ten a súa propia. A Xustiza tamén podería ter a súa. Descansen en paz no silencio infindo do fondo mar de Terranova e grazas por tanta nada.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.