En Ribeira un home atrapa unha perna nuns ferros cando camiñaba polo lugar de Fafián. Sofocado un lume de madrugada

24 Marzo 2022

Os efectivos do servizo local de emerxencias de Ribeira deberon cortar cunha radial os ferros que mantiñan presa a perna dun home tras sufrir unha caída no lugar de Fafián.

O accidente produciuse pasadas as sete da tarde de onte cando o afectado camiñaba por esa zona e precipitouse por un pequeno desnivel do terreo ata encaixar unha perna nuns ferros.

Para liberalo, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos bombeiros da localidade, así como dos membros do grupo local de emerxencias, que deberon empregar ferramenta especializada para cortar os ferros e liberar así a extremidade deste home, sen posibilidade de moverse. 

Unha vez liberado, colaboraron, xunto cos bombeiros, na estabilización do ferido e o traslado ata a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, disposta para o traslado do ferido ao centro hospitalario da comarca barbanzana.

Cómpre indicar que este operativo puido activarse grazas ás chamadas de alerta ao 112 Galicia das que persoas que acompañaban ao afectado.

Por outra banda tamén en Ribeira, contra a unha da madrugada, os bombeiros sufocaron un lume nunha cheminea, afectada pola acumulación feluxe e lixo.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.