Augas de Galicia prevé emitir en abril a resolución da concesión para a nova captación no río Vilacoba, no concello de Noia

24 Marzo 2022

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, avanzou na Comisión 2ª do Parlamento que a Xunta prevé emitir en abril a resolución da concesión para dispor dunha nova captación de auga no río Vilacoba, no concello de Noia.

Teresa Gutiérrez explicou que o Concello de Noia ten outorgada unha concesión de auga dun caudal de 22 l/s do río San Xusto no lugar de Boña-Sampaio, por Orde Ministerial do 4 de marzo de 1960.

Non obstante, a Administración local solicitou á Xunta a modificación desta concesión, que inclúe unha nova captación no río Vilacoba, no lugar de Alvariza, na parroquia de Barro.

Indicou que tras esta solicitude municipal, Augas de Galicia impulsou o procedemento conforme ao disposto na normativa, tratando de darlle a maior celeridade posible.

Así, unha vez realizado o trámite de información pública, os técnicos autonómicos procederon ao recoñecemento sobre o terreo previsto no artigo 111 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sinalou que a partir desta visita, a Xunta continuou con outros procedementos como a emisión do condicionado da concesión, remitido ao Concello para a súa aceptación. Neste sentido, precisou que unha vez que o municipio confirme esta aceptación, a Xunta elaborará a proposta de resolución.

Lembrou que segundo o establecido na Lei de Augas, o prazo para resolver e notificar os expedientes relativos ás concesións do dominio público hidráulico é de 18 meses, polo que a citada tramitación se atopa dentro do período fixado para estes casos.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, responderá na Comisión 2ª a unha pregunta oral relativa ao seu departamento. foto xoán crespo

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.