O BNG reclama axudas para a frota, exonerar as taxas portuarias e rebaixar o IVE

24 Marzo 2022

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños mantiveron este xoves 24 de marzo un encontro co patrón maior da Confraría de Rianxo, Miguel Iglesias, co obxecto de analizar as distintas alternativas para paliar as consecuencias económicas da suba de prezos sobre a flota pesqueira.

“Hoxe”, explicou a deputada nacionalista,  “a frota volveu retomar a actividade tras unha reunión do sector co ministro de Pesca”, unha reunión, dixo, “que xa tiña que terse celebrado hai tempo para tomar medidas e a pesar disto, a día de hoxe segue sen haber medidas concretas”.

Neste sentido, criticou que a exoneración das taxas portuarias que dependen do Estado e a da Xunta nos portos autonómicos, “continua sen poñerse en práctica” e lembrou que “durante a pandemia o Goberno galego mantivo unha exoneración de taxas que pasados os meses foi cobrada de maneira acumulativa ás confrarías”. Pérez engadiu que “dende o BNG rexeitamos esta medida porque non supón ningún beneficio para as instalación dos portos autonómicos e de nada vale”, reiterou, “que apracen un pago que logo será cobrado”.

A xuízo da deputada, o ministro de Pesca non realizou ningún compromiso e só aludiu ás axudas dependentes do fondo de Pesca da Unión Europea, axudas, ao seu xuízo, “difíciles de tramitar e executar”, polo tanto, “tampouco resultan unha solución a curto prazo”, informou, engadindo que a frota pesqueira deu a voz de alarma hai máis dun ano advertindo das consecuencias polo encarecemento do prezo dos combustíbeis ao pasar de pagar 0,55 euros a 1,20 polo gasóleo.” A maiores, a este encarecemento hai que engadir o resto de produtos que tamén tiveron un incrementos de máis do dobre”, sinalou.

A deputada denunciou que a día de hoxe, “non existe ningunha proposta real para superar a crise da frota”. Neste liña, propuxo a exoneración das taxas portuarias de “maneira inmediata” por parte da Xunta e do Estado e a posta en marcha , sen máis dilación de  “compensacións económicas” polo amarre da flota e futuros amarres.

Ademais, engadiu, tanto a Xunta como o Goberno español “teñen a obriga de impedir que o gasóleo da frota pesqueira continúe subindo”. Rosana Pérez tamén reclamou a redución do IVE nos produtos pesqueiros ao 4%.

Pola súa parte, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños insistiu nas dificultades económicas de todos os sectores ante a escalada de prezos e, de maneira especial, os relacionados coa pesca. Muíños criticou os “beneficios” das empresas subministradoras de enerxía e combustíbel, elementos necesarios para desenvolver as actividades como a pesca no concello de Rianxo. “O BNG”, dixo, “seguirá traballando para a que a nosa frota poida faenar con normalidade e ofrecer aos traballadores do mar e a súas familias as axudas necesarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.