Un viandante localiza a un motorista inconsciente tirado nunha cuneta en Ribeira

21 Marzo 2022

Posiblemente unha caída deixou a un motorista inconsciente tirado nunha cuneta en Palmeira, Ribeira.

O 112 Galicia recibiu preto das sete da tarde de onte a chamada dunha persoa particular que acababa de atopar a un motorista tirado na estrada que une o Cruceiro de Moldes con Palmeira (DP-7310).

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois o condutor accidentado estaba inconsciente. Así, despois de recibir os primeiros coidados, foi evacuado ao hospital comarcal para recibir o tratamento axeitado.

Ao lugar dos feitos, tamén acudiron os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...