O grupo de Goberno de Ribeira presenta trinta alegacións ao Plan de Mobilidade local

21 Marzo 2022

O grupo de Goberno do Concello de Ribeira vén de presentar un total de trinta alegacións ao Plan de Mobilidade Urbana de Sostible do Concello de Ribeira, dende fai un mes en exposición público no ánimo de “actualizalo e melloralo”. Entre as propostas presentadas polo Executivo local figuran algunhas de “carácter xenérico” (como a revisión das actuacións incluídas dentro do PMUS no seu custe e programación anual, así como adecuar a composición da mesa de peonalización para convertela nunha mesa de mobilidade) e outras máis específicas como as relativas a regular o tránsito en vías peonís (en consonancia coa lei de cambio climático) e o fluxo e estacionamento de autocaravanas, patinetes e outros vehículos eléctricos. Tamén se propón de corredores escolares seguros.

En primeiro termo, o carril bici que cruza lonxitudinalmente a cidade de Ribeira

O Concello explicou que “coa finalidade de garantir o dereito a accesibilidade universal”, solicítase que “cando os anchos da vía non permitan a dobre dirección, o estacionamento e unas beirarrúas accesíbeis”, a prioridade de Concello “será sempre a accesibilidade nas mesmas e, por outra parte, que a plataforma única sexa preferente cando as alteracións de pendente e rasante o fagan aconsellábel tecnicamente”. Outras das achegas do grupo de Goberno reside na confección dun plan de axudas á compra de bicicletas eléctricas.

No que atinxe ao transporte público e partindo das competencias municipais nesta materia, proponse “un plan de melloras en conservación e mantemento das paradas nas localizacións máis axeitadas, a ampliación do espazo cuberto na nova terminal central de autobuses no Malecón, a mellora dos transbordos e comunicacións con Santiago e Noia e cos campus universitarios; ou o incremento progresivo da liña de axudas directas ao transporte público e transporte escolar”.

Tamén se propón que se efectúen as xestións necesarias para o o estudo e implantación no seu caso do transporte marítimo e a conexión por ferrocarril lixeiro da comarca.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...