O “play off” entre o Rotogal Boiro e o Unicaja Almería arrincará o sábado ás oito na Cachada

21 Marzo 2022

M. A.- A rolda de cuartos de final do play off polo título comezará esta última fin de semana de marzo. As eliminatorias son ao mellor de tres partidos, co primeiro deles na pista do equipo peor clasificado na fase regular. Desta maneira, o Rotogal Boiro Voleibol estrearase o sábado ao oito da tarde na Cachada contra o Unicaja Almería. O segundo partido celebrarase o venres 1 de abril ás 20.30 horas na cancha dos andaluces e o terceiro, se fose necesario, o sábado 2 ás 19.30 horas.

O Unicaja Almería e o Rotogal Boiro Voleibol enfrontáronse en dúas ocasións na presente campaña. Os andaluces impuxéronse na súa cancha na primeira fase (3-0) e tamén venceron no cruzamento de cuartos de final da Copa do Rei (3-2). O duelo que deberían disputar na Cachada resolveuse con 3-0 a favor dos boirenses pola imposibilidade de viaxar a Galicia dos almerienses.

Gaspar Bitar e Gaby del Carmen, do Rotogal Boiro Voleibol

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...