Novo equipamento para mellorar a atención en emerxencias na Pobra

09 Outubro 2019

20191009 O Goberno galego vén de entregar novo equipamento para optimizar o servizo de atención en emerxencias das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil nunha ducia de concellos da provincia da Coruña, entre os que se atopa o de Pobra do Caramiñal. O fornecemento do novo material levouse a cabo en Vedra, hoxe, contando coa presenza do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Na cita entregáronse hoxe cinco vehículos pick-up e sete remolques.

Desta volta, os municipios de Cedeira, Carnota, Zas, Carral e Vedra recibiron cadanseu vehículo pick-up, mentres que a Ames, A Pobra do Caramiñal, Cee, Culleredo, Lousame, Oroso e Paderne foilles entregado un remolque equipado con material de emerxencias: un elemento de carga que dispón de electrobomba mergullábel, unha motobomba para augas residuais, xeradores de electricidade portátil, motoserra, rozadora, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización.

Segundo fixeron saber os representantes da Xunta, a entrega de hoxe dá continuidade á folla de ruta iniciada para mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias en calquera punto da Comunidade galega mediante a dotación de máis material e equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES).

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.