Un contundente Feníe Enerxía Palma, 3 desarbola co saque a un gris Rotogal Boiro Voleibol, 1

19 Marzo 2022


Miguel Alvarez.- O Rotogal Boiro Voleibol non puido manter a boa liña das últimas semanas en Son Moix. Os de Marcelo “Chinés” Benavídez víronse desbordados polo acerto dun Feníe Enerxía Palma que causou estragos co saque e mantivo a iniciativa en todo momento salvo no segundo set (3-1). Por tanto, os da Cachada conclúen a fase regular na sétima praza e cruzaranse no play off de cuartos de final co Unicaja Almería.
O Feníe Enerxía Palma iniciou o partido cun enorme poderío. Con contundencia no saque, marcou
diferenzas ante un Rotogal Boiro Voleibol incapaz de responder desde a recepción. O nivel de acerto
dos locais foi sobresaliente e anotáronse a primeira manga por 25-14 #ante un adversario que se acabou deixando levar.
No segundo set, o Rotogal Boiro Voleibol mellorou as súas prestacións no saque e asumiu unha lixeira
vantaxe que facía albiscar unha posible reacción. Desta maneira, equilibraron o marcador (20-25) ante un Feníe Enerxía Palma que non perdeu a paciencia no camiño para bater aos de Marcelo “Chinés” Benavídez.
O escenario volveu complicarse para os visitantes a partir da terceira manga. Os mallorquinos volveron asumir o mando ante un Rotogal Boiro Voleibol que sufriu moito na recepción e que se viu a remolque o resto do partido. Conquistada a iniciativa, o Feníe Enerxía Palma sentenciou con parciais de 25-20 e 25-21.

Feníe Energía Palma, 3: Ignacio Sánchez, Renzo Cairus, Wu Cheng-Yang, Rodrigo Pernambuco, José María Giménez, Abel Bernal e Dani Ruiz (líbero). También xugou Carlos Manuel de Carvalho.
Rotogal Boiro Voleibol, 1: Gaby del Carmen, Mario Iglesias, José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Martín Casais e Ismael Martínez.
Sets: 1-0 (25-14), 1-1 (20-25), 2-1 (25-20) y 3-1 (25-21).
Árbitros: Xavier Fernández y David Fernández.
Incidencias: Partido disputado en Son Moix ante unos 600 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...