O BNG rende homenaxe ao poeta e activista Avilés de Taramancos no 30 aniversario do seu pasamento

19 Marzo 2022
Ofrenda floral

O BNG rendeu homenaxe ao poeta e activista político Avilés de Taramancos, nun acto celebrado no concello de Noia que acolleu as voces de poetas, escritores e escritoras, e representantes da formación nacionalista.

O portavoz municipal no concello de Noia, Ricardo Suárez; o poeta e presidente da AELG, Cesáreo Sánchez; a xornalista e poeta Ana Romaní; o poeta Manuel Pérez, a escritora e concelleira no concello do Porto do Son, Patricia Torrado Queiruga, e a portavoz parlamentaria de Cultura e escritora, Mercedes Queixas, puxeron voz á obra de Taramancos e destacaron o grande compromiso político do poeta de Noia con Galiza.

Durante a súa intervención, Queixas afirmou que a homenaxe a Avilés de Taramancos é “unha celebración de vida, recoñecemento e memoria necesaria ao activista social e político, compañeiro no Bloque Nacionalista Galego e representante do pobo como concelleiro de Cultura na corporación municipal de Noia”.

Para a deputada, a lectura da súa obra poética, tres décadas despois do seu pasamento, “mantén a súa vixencia dunha biografía sempre comprometida coa vida e  o noso País”. Segundo recalcou, os versos do poeta de Noia ábrennos a posibilidade de  ler  Galiza como “epicentro vital e creativo” e concibir a lingua galega como “cordón umbilical que a sustenta”.

A portavoz nacionalista de Cultura remarcou que Galiza é “terra de raíces firmes e terra de poetas comprometidas” e, neste sentido, sinalou a Antón de Avilés de Taramancos como “unha das referentes das que sentírmonos herdeiras”.

O acto de homenaxe ao poeta noiés contou tamén coa participación da Agrupación musical As Lens e unha ofrenda floral ante o busto de Taramancos na Alameda de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...