O actor e humorista Pepo Suevos recala en Porto do Son o 21 de maio

16 Marzo 2022

O humor e a retranca galega van ser protagonistas estes mes de maio en Porto do Son, grazas ao Ciclo de Monólogos impulsado polo Concello. Deste xeito, pasarán pola Casa da Cultura os actores e humoristas Luis Zahera (cuxa visita anunciamos xa no Barbanza) e Pepo Suevos, este último o 21 de maio na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas. Nos dous casos indícase á cidadanía que as entradas poden adquirirse na oficina de cultura municipal.

José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...