Luis Zahera estará en maio en Porto do Son ao abeiro do Ciclo de Monólogos do Concello

16 Marzo 2022

O actor, monologuista e humorista Luis Zahera, unha das grandes estrelas do cinema galego e estatal das últimas décadas, estará os días vindeiros en Porto do Son para ofrecer un espectáculo de narracións orais e retranca, pasado polo filtro persoal do seu xeito particular de ver o mundo. Farao ao abeiro do Ciclo de Monólogos de Porto do Son impulsado dende a área de Cultura do Concello. Será o 28 de maio ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. Segundo informou o Concello, as entradas poden mercarse na Oficina de Cultura municipal.

José Luis Castro Zahera, nado en Santiago de Compostela o 12 de outubro de 1966, é un actor galego coñecido artisticamente como Luis Zahera. Deu o chimpo definitivo á fama grazas á serie Mareas vivas, onde encarnaba ao personaxe Petróleo, que é o alcume polo que aínda o coñecen os seareiros da mítica serie da CRTVG. Neste intre, logo das súas meritorias actuacións na serie Vivir sen permiso e no filme El Reino de Rodrigo Sorogoyen, onde interpretaba a un empresario con fortes vencellos coa política máis corrupta, volve estar en primeira liña coa estrea de Operación Marea Negra, rodada en parte no Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.