Ribeira xunta forzas coa USC para formarnos en prevención de violencia de xénero

17 Xuño 2019

Ribeira vai estar este verán no epicentro da loita contra as actitudes machistas. O motivo? A celebración en xullo dun curso aplicado para a prevención e intervención en violencia de xénero, da man da Universidade de Santiago (USC). A actividade formativa, dirixida polos profesores Ramón Arce Fernández e Gualberto Buela-Casal, celebrarase no Auditorio de Ribeira. O prazo para a inscrición neste curso de verán rematará o 28 de xuño. Abordarase o problema das agresións dende as ópticas das accións institucionais (autonómicas, locais), do contexto xurídico, do psicolóxico e do policial.

En termos máis concretos, falarase de programas e accións da Xunta contra a violencia de xénero, do perfil criminolóxico e psicolóxico do feminicida, de aspectos psicolóxicos entre vítimas e agresores, de primeiros auxilios, do impacto da violencia de xénero sobre a saúde física e mental, da eficacia da reexperimentación emocional nos traumas, da intervención con penados con liberdade, do programa de axuda a fillos que viviron violencia familiar, da publicidade sexista, das consecuencias penais das agresións e das medidas xudiciais de protección á vítima ao abeiro do pacto de Estado contra a devandita lacra social.

O curso conta co co financiamento do Concello de Ribeira, do Grupo LoMonaco, da Asociación Española de Psicología Conductual, do Consello Oficial de Psicoloxía de Galicia, da Unidade de Psicoloxía Xurídica e Forense, spin-off da Universidade de Granada e da Secretaria Xeral da Igualdade, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.