O 25 de marzo toca coñecer a Ruta da Lavandeira (Imo) cunha andaina nocturna

15 Marzo 2022

A Unidade de Prevención de Condutas Aditivas dos Concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga organiza unha andaina nocturna pola Ruta A Lavandeira. Será unha excelente oportunidade para coñecer a comarca dende outro punto de vista e, se a climatoloxía o permite, os tesouros do ceo nocturno. Celebrarase o 25 de marzo, con punto de saída na praza da Lavandeira, en Imo (Dodro). As inscricións pódense facer en liña até o 21 deste mes no formulario específico habilitado ou ben a través dos teléfonos 646 956 915 e 608 986 375. As prazas serán limitadas. Será obrigatorio levar lanterna.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Rois celebra o seu XXI Día da Bici con 120 participantes de 2 a 83 anos

Mario Alfonsín, padronés de 83 anos, e Mateo Ríos, de 2 anos e medio, foron os ciclistas máis veterano e máis novo da proba O pasado sábado 12 de setembro, 120 persoas participaban no XXI Día da Bici de Rois, un encontro que reuniu xentiña dende os 2 até os 83 anos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.