Os xogadores do Rotogal Boiro Voleibol pousaron con cans na Cachada antes do derbi contra o Emevé

14 Marzo 2022

M.A.- Antes do derbi do sábado 12 de marzo ante o Arenal Emevé, os xogadores do primeiro persoal do Rotogal Boiro Voleibol estiveron acompañados por varios cans da Asociación Protectora de Animais Moura sobre o parqué da Cachada.

Tratouse dunha iniciativa entre o club e a asociación a través da que se trataba de dar visibilidade á posibilidade de adoptar ou apadriñar aos cans.

A Asociación Protectora de Animais Moura desenvolveu o seu labor durante os últimos anos no Barbanza. As súas instalacións principais atópanse na Pobra do Caramiñal, pero tamén dispón de refuxios e casas de acollida para cans e gatos en Boiro e Ribeira. A través da iniciativa que levou a cabo o sábado, o Rotogal Boiro Voleibol quixo mostrar o seu compromiso coa comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...