O Comité de Competición dá a vitoria ao Rotogal Boiro Voleibol por 3-0 ante o Unicaja Almería

11 Marzo 2022

M.A.- O Rotogal Boiro Voleibol gañou por 3-0 (25-0, 25-0 e 25-0) o partido que foi aprazado onte ante Unicaja Almería. Esa foi a decisión do Comité de Competición unha vez que o club andaluz argumentou que non se pode desprazar á Cachada para a disputa do encontro.

O encontro entre o Rotogal Boiro Voleibol e o Unicaja Almería foi suspendido en dúas ocasións
debido a que integrantes do conxunto andaluz deron positivo en COVID-19. Agora, coa vitoria por 3-0, os boirenses marchan na oitava praza da Superliga e suma 30 puntos cun partido menos que o Teruel, sétimo clasificado. Os de Marcelo Benavídez reciben mañá ás 18.00 horas ao Arenal Emevé na Cachada.

Outros artigos

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...