O Rotogal Boiro Voleibol aspira a manter a liña ascendente ante o Arenal Emevé

11 Marzo 2022

M.A.- O treito final da primeira fase da Superliga depararalle ao Rotogal Boiro Voleibol dous derbis galegos consecutivos. O primeiro deles celebrarase este sábado 12 ás 18.00 horas na Cachada e o rival será o Arenal Emevé. Os de Marcelo Benavídez non poden fallar para tratar de escalar posicións na táboa ante un adversario que aínda non selou a permanencia na máxima competición.

Na primeira volta, os lucenses levaron o gato á auga (3-2) nun duelo moi rifado. No entanto, Marcelo Benavídez, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, non quere falar de desquite para referirse ao partido deste sábado. O preparador dos da Cachada confía en que o seu equipo manteña a boa liña de comparecencias recentes para facerse co tres puntos e, posteriormente, preparar o derbi do mércores na cancha do San Sadurniño. En principio, todos os xogadores estarán a disposición do técnico arxentino.

O Arenal Emevé chega a Boiro na décima posición do campionato. O central Joaquín Alzueta está a ser un dos puntais destacados na presente campaña. Os lucenses Mario Dovale e Víctor Bouza son dúas das pezas clave dun conxunto no que tamén sobresae a achega de Agustín Bruschini.

Precedentes

Tempada 2021-2022

Emevé, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2

Tempada 2020-2021

Rotogal Boiro Voleibol, 1-Emevé, 3

Emevé, 2-Rotogal Boiro Voleibol, 3

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...