O Rotogal Boiro Voleibol e a Protectora de Animais Moura unen forzas no derbi do sábado

09 Marzo 2022


M. A.- Nos prolegómenos do derbi deste sábado entre o Rotogal Boiro Voleibol e o Emevé de Lugo (ás 18.00 horas na Cachada), o club levará a cabo unha acción para dar visibilidade á actividade da Asociación Protectora de Animais Moura. Así, uns minutos antes de que comece o partido, varios cans pousarán cos xogadores do equipo boirense, que milita na Superliga.

Iria Pérez, presidenta da Asociación Protectora de Animais Moura, afirma que “o feito de que algúns cans estean presentes no próximo partido do Rotogal Boiro Voleibol é unha boa oportunidade para promocionar adopcións e apadriñamentos. Por sorte, non temos moitos actualmente nas nosas instalacións”.

A Asociación Protectora de Animais Moura desenvolveu o seu labor durante os últimos anos na
comarca. As súas instalacións principais atópanse na Pobra do Caramiñal, pero tamén dispón
de refuxios e casas de acollida para cans e gatos en Boiro e Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...