Tía Manuela: “A lección dos cadelos”. Luís Celeiro

09 Marzo 2022

Aqueles cans doentes que amedrentaban aos nenos e aos maiores dos lugares afastados, xa non existen. Pola contra, agora moita xente ten ao cadelo como mascota ou, incluso, como se fose un más da familia, un primo, un neto ou o irmán predilecto.
Tamén hai quen ten o can para que lle axude nos labores de pastoreo. Son cans moi ben coidados e moi ben tratados, limpos, mantidos e aloumiñados, que pasan a vida ao carón do amo e do gando, especialmente, das ovellas, dos carneiros e das cabras do amo.
Entre os máis valorados está o can ovelleiro, de estatura mediana e de ontelixencia superior á de moitos outros cans. Os cans desta raza, ao parecer, establecen un vínculo moi forte cos outros animais aos que coidan, xerando neles unha extraordinaria confianza e obediencia absoluta. Alí no Alto da Serra, as ovellas pacían e movíanse tranquilamente diante da atenta mirada do cadeliño que advertía sen reparos a presenza de calquera, propio ou estraño. No arredor estaban deitados e atentos ao que pasaba ou podía pasar, outros cans de raza grande, Mouro e Romeiro, dous mastíns corpulentos, capaces de comer ao lobo.
Os mastíns tamén teñen fama de seren intelixentes e de gardar ben ao rabaño. Son comedores e cariñosos, fan verdade daquel vello refrán, “os cans e os nenos van a onde lles dan cariño”. E entre eles tamén se queren e se entenden. Romeiro, cos seus trece anos xunto ás ovellas, aquela tarde non quixo ir para casa e quedouse só no monte, para sufrir en solitario o mal da morte.
Os outros dous cans levaron as ovellas para á corte e volveron inmediatamente para a Serra. Alí pasaron a noite con Romeiro, caladiños e coas súas cabezas pousadas na barriga branda e baldeira daquel outro can amigo e leal compañeiro. Ao romper o día foron buscar as ovellas e deitáronse outra vez xunto a Romeiro, ao que aloumiñaron seguido naqueles seus últimos dous días.
Extraordinario! Despois dun profundo suspiro e xa co can morto, Mouro permaneceu vixiante ao lado do finado, o pequeno e áxil ovelleiro foise correndo á casa chamar ao amo. Os homes e as mulleres do lugar repasaron aquela lección, outra das que lles ensinaran os animais, a propia natureza e a vida. Con máis ou menos intelixencia, a bondade e o respecto dos cadelos está fóra de tódalas dúbidas. Como di a Tía
Manuela, atentos ao valor da discreción, “sábeno case todo e todo calan”.


Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.