A Cachada acolleu a presentación do libro “Naranja y gris” de Miguel Álvarez

08 Marzo 2022

O Pavillón da Cachada foi escenario este luns 7 de marzo da presentación do libro Naranja y gris, obra de Miguel Álvarez, director de Comunicación do Boiro Voleibol. O presidente Emilio Palacio exerceu como mestre de cerimonias do acto.

Naranja y gris é unha novela que narra as vivencias dun xogador profesional de baloncesto en dúas
épocas (1980 e 1994).

Durante a presentación, Emilio Palacio e Miguel Álvarez falaron, entre outros aspectos, da importancia do deporte para inculcar valores e do papel da figura do adestrador. Ademais, lembraron que, anos atrás, o baloncesto e o voleibol encadrábanse dentro da mesma federación deportiva en España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.