O Rotogal Boiro Voleibol perde o pulso ante o Melilla Sport Capital nun encontro de moitos quilates

06 Marzo 2022

M. A.- Unha vez máis, o quinto set atravesóuselle ao Rotogal Boiro Voleibol. Os da Cachada puxeron contra as cordas ao Melilla Sport Capital, flamante campión da Copa do Rei, pero o triunfo voou cara a terras norteafricanas despois de decidirse en pequenos detalles (2-3). Os locais deron un excelente nivel en varias fases do encontro, pero non puideron rematar a faena ante o seu público.

O Rotogal Boiro Voleibol comezou con moito ímpeto, cun nivel de xogo moi alto, ante un adversario que perdeu a iniciativa na primeira manga (25-19). Con todo, o Melilla Sport Capital reaccionou e, cunhas excelentes prestacións de Javier Monfort no saque, equilibro a contenda de maneira nítida (15-25).

O terceiro set desenvolveuse baixo unha gran igualdade ata que, mediada a manga, o poderío no saque de José Carlos Romero, unido ao bo rendemento na recepción e o bloqueo-defensa, propiciou que o Rotogal Boiro Voleibol recuperase a dianteira (25-19).

O cuarto parcial estivo moi traballado. Punto a punto, o Melilla Sport Capital acabou impondo a súa lei, escapándose con pico e pa, e abocando o choque cara ao territorio perigoso para o Rotogal Boiro Voleibol (21-25). Na manga definitiva, os da Cachada arriscaron no saque e fixeron a goma en varias ocasións até servir un desenlace de infarto (13-13). Pero, unha vez máis, apareceu a figura de Javier Monfort para sentenciar desde o servizo (13-15).

Rotogal Boiro Voleibol, 2: Gaby del Carmen, Mario Iglesias, José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez, Martín Casais e Alan Davila.

Melilla Sport Capital, 3: Diedhou, Riganti, Monfort, Scarpin, Martina, Giustiniano e Ferrera

(líbero). Tamén xogaron Héctor García, Mikael Tahiri, Luengas e Rubén López.

Sets: 1-0 (25-19), 1-1 (15-25), 2-1 (25-19), 2-2 (21-25) y 2-3 (13-15).

Árbitros: Diana Rico e Hugo Suárez.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Cachada ante uns 300 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...