O Rotogal tentará deter este sábado o tren do Melilla Sport Capital, campión da Copa do Rei

04 Marzo 2022

Miguel Álvarez.- Duelo de equipos en forma na Cachada. O Rotogal Boiro Voleibol, coas boas sensacións que deixaron as súas comparecencias recentes, recibe a un Melilla Sport Capital que chega a terras galegas coa bitola de proclamarse campión da Copa do Rei hai cinco días. O duelo celebrarase mañá sábado, a partir das 19.00 horas, no pavillón dos boirenses.

Duelo entre o Rotogal Boiro Voleibol e o Melilla na primeira volta

O Rotogal Boiro Voleibol contará, en principio, con todos os seus efectivos para recibir ao segundo clasificado da Superliga. Os da Cachada queren o botín do triunfo para tentar escalar posicións na táboa. Pero non o terán doado, xa que o Melilla Sport Capital aspira a poxar pola primeira posición da liga regular ante o Unicaja Almería. Para tratar de tombar aos norteafricanos, o técnico Marcelo Benavídez espera que os seus teñan unha boa tarde no saque para presionar aos visitantes.

O Melilla Sport Capital converteuse nun dos aspirantes máis serios ao título da Superliga.

A base do equipo a forma o tridente arxentino que compoñen o receptor Mariano Giustiniano, o oposto Federico Martina e o colocador Juan Martín Riganti; este último foi o MVP da Copa do Rei. O central Jean Diedhou e o receptor Javier Monfort son outras dúas das súas pezas destacadas.

Precedentes

Tempada 2021-2022

Melilla, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2

Tempada 2020-2021

Rotogal Boiro Voleibol, 1-Melilla, 3

Melilla, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...