Medio Rural retoma os traballos na parcelaria de Dodro-Laíño II

02 Marzo 2022

A Consellería do Medio Rural anunciou este 2 de marzo que vai retomar os traballos na parcelaria Dodro-Laíño II, situada no concello coruñés de Dodro, “tras clarificarse a situación urbanística que tiña paralizado este proceso”. Medio Rural engadiu que arrincarán a curto prazo os traballos relativos á elaboración e execución do proxecto de camiños secundarios, cun orzamento de 300.000 euros.

A Consellería lembra que dita parcelaria estaba parada debido a unha modificación no Plan xeral de ordenación municipal de Dodro: ao abeiro desta liña de traballo o Consistorio reclasificou preto de 300.000 m² de solo urbanizábel industrial como solo rústico de protección forestal e como solo urbanizábel industrial un ámbito de case 140.000 m² que se atopaba clasificado como solo rústico.

Medio Rural engade que “estas reclasificacións solapábanse, en parte, coa zona de concentración parcelaria, polo que foi preciso modificar a zona de reorganización e excluír deste proceso as parcelas reclasificadas como solo urbanizábel industrial, ao deixar de ter un uso agrario ou forestal”. Desta forma, unha vez que se modifiquen as bases definitivas deste proceso de reorganización do territorio continuarase coa súa execución.

A parcelaria de Dodro-Laíño II afecta unha superficie de 470 hectáreas, composta por 9.402 parcelas propiedade de 1.007 veciños. O investimento realizado ata o de agora na súa execución é de 1,45 millóns de euros, a meirande parte relativo á execución da rede de camiños principais. Trátase do único proceso de concentración parcelaria vivo nese concello, tras rematarse outras tres parcelarias na zona e reestruturando unha superficie total de máis de 1.100 hectáreas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...