Escarabote despide o Entroido este sábado cunha gran foliada no Centro Social

01 Marzo 2022

O Entroido na nosa comarca está a ter este ano moitas frontes de actividade na nosa comarca que van máis alá das axendas dos Concellos, algunhas tan interesantes como a que propón a Asociación Cultural Pedra da Aroña de Escarabote (Boiro), que vén de comunicarnos que este sábado día 5 de marzo organiza unha foliada para despedir o Entroido. Será no Centro Social de Escarabote a partir das 20 horas. Previamente, a partir das 19.00 horas, haberá unha ruada musical pola vila.

A asociación acompañou a presentación do programa dun convite a participar a quen queira pasalo ben, cantar, bailar ou tocar algún instrumento. Haberá chocolate e doces de balde e contarase coa presenza do Felipiño, de “corpo presente”, para poder despedilo 24 horas antes do seu enterro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.